Termos

Filtro:
Todos

*En revisión

*Descartado

A prepito

*

Subir a peito unha costa.
Abalixar

*

Andar bulindo sen parar.
Abandixar

*

Andar bulindo sen parar.
Acarqueñado

*

Agochado en mala postura, en crequenas.
Achacir

*

Facer.
Acidientarse

*

Cando un neno pequeniño chora desconsoladamente dise: "Acidientouse o rapaz"
Acutifar

*

Empurrar a alguén.
Adral

*

Táboa que se lle engade ao carro por riba da súa estrutura para poder cargalo máis.
Afurracar

*

Acción que consiste en gardar diñeiro en lugares secretos ou pouco accesibles.
Alamia / allanta

*

Aro de ferro que bordeaba a roda do carro.
Albar

*

Especie de faba plana con forma de moa.
Alfunin

*

Forma valdeorresa para referirse ao funil. No dicionario da RAG, o funil descríbese como un 'instrumento de boca ancha, que se...
Aligacha

*

Animal negro que se arrastra deixando un ronsel húmido. Babosa.
Ambelga

*

Refírese a un lateral dunha liña ou un rego.
Amerodo
Albedro, froito do arbutus unedo ou érbedo. Froito de inverno redondo de cor vermella por fóra e amarelo por dentro.
Amordicar

*

Beliscar. Apertar entre dous dedos.
Amorgallado

*

Empapado e sucio.
Apeladeiro

*

Parte do carro que apreta as treitoiras contra o eixe do carro.
Argana

*

Semente seca dunha herba dos prados.
Argueiro

*

Cando tiñas un lixo (argueiro) nun ollo, metíanche nel unhas sementes secas dunha planta chamada galo cristo e montando a...
Aricar

*

Pasar o arado entre dous regos plantados para botar a terra contra as plantas e quitar as herbas.
Arimar

*

Arrimar.
Arreborcallarse

*

'Revolcarse' alguén nun sitio (no chan, na lama...). Tamén se di: botarse a arreborcallois (a voltas) por unha pendente abaixo.
Arreborcallois

*

Voltas. Botarse a arreborcallois.
Arrelampar

*

Cando as árbores quedan coas follas medio murchas pola proximidade do lume. Ou cando na época da recollida das castañas...
Arrepazar

*

Arrincar as herbas ou calquera outra planta sen ser de raíz.
Arrizar

*

Denteira producida por comer unha froita verde.
Asombrar

*

Agobiar a alguén, non deixar respirar por estar enriba dun.
Asucar

*

A mesma operación que aricar, pero feita a man (cunha aixada ou un sacho).
Atafanado

*

Abrigado.
Avisedo
Terreo no que non acostuma dar o sol, sombrío.
Azurrugullar

*

Envolver unha cousa de mala maneira e moi arrugada.
Babeco

*

Persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.
Baloco

*

Pau que se usa a modo de caxato.
Balsaíño

*

Froita de óso de pequeno tamaño, pel lisa e o de orixe brava, sen inxertar. Ex: Se fago licor de...
Barfa
Fío da vaina da xudía cando xa non está tenra.
Bargo

*

Pedra grande usada como peche das fincas.
Baxola
Casca ou vaíña seca de determinadas leguminosas.
Bañadeira
Recipiente con forma de artesa onde se adoba a carne para facer os chourizos.
Berxel
Arte de pesca con rede.
Borrallo
Brasas da lareira ou da cociña de ferro.
Botelo

*

Embutido feito co estómago do porco. Leva ósos da cabeza e do espiñazo. Non se lle bota o rabo.
Breque
Recheo das empanadas.
Broza
Lixo ou partícula pequena de suciedade que se quita da roupa, pelo, tea.
Bullar

*

Quitar a casca ou pelar.
Bullo

*

Restos da fermentación do viño, bagazo co que se fai a augardente.
Bullote

*

Froito do castiñeiro, castaña.
Cadaneira

*

Árbore que dá froito un ano si e outro non.
Cadea

*

pezas de madeira do carro.
Caldravexar

*

Furgar sen parar nun sitio e noutro, revolver. Úsase tamén como substantivo.
Camba

*

Todas as pezas de madeira que conforman a roda do carro a excepción da que se ensarta no eixo do...
Canafrecha

*

Planta (angelica sylvestris). Ver anxélico/a na RAG.
Candaja

*

As sulfatadoras manuais.
Candea

*

Inflorescencia do castiñeiro. Ver RAG.
Canizada

*

Cantidade de castañas que se metían no sequeiro.
Carabela

*

Merenda. Levar a carabela era levar a merenda ou xantar da casa.
Caricocha

*

Tronco oco dos castiñeiros.
Carrellada

*

Algo que non vale para nada.
Carrelo

*

As costas, carrelo (ver RAG).
Carrúa
Camiño aberto no monte dende un principal.
Caruncho

*

Verme da madeira (ver RAG).
Casapello

*

Dícese das construccións fosen vivendas, pallares, cortes de animais, etc... que se foron derruíndo polo paso do tempo.
Cañota ou Teluda

*

Muller que xa non é nova, taluda. Ver na RAG.
Cereixón

*

Árbore que dá cereixas. Cerdeira.
Cernada
Cinsa da cociña de ferro, da fogueira ou dun incendio.
Cerrallada

*

Algo que non vale para nada.
Chamberizo

*

Chapitel, alpendre, pendello.
Chanteiro

*

O pao da verza cando está moi alta. Cando é pequeno e tenro chámase coíña.
Chapitel

*

Alpendre, pendello, chamberizo.
Cheda

*

Especie de plataforma ou piso do carro. Ver na RAG. *En Biobra facíase de madeira de negrillo.
Chincar

*

Facer barullo, barroutar ou falar para molestar.
Chinquir

*

Facer barullo, barroutar ou falar para molestar.
Choupín
Cogomelo comestible, con sombreiro cuberto de escamas pardas,interior laminado e pé delgado cun anel móbil.
Chourizo de boche

*

Faise coa carne máis escura. Soe comerse pouco curado e cocido. *Antigamente botábaselle tamén os pulmóns.
Cimón

*

Brote do nabo antes de que floreza.
Cinicato

*

Finca pequena.
Cirrichar

*

Cando estás mexando, o son que provoca a acción de mexar.
Cochar
1: No xogo dos birlos, non chegar a bóla ata a liña de sinal. 2: No xogos das bólas facer un...
Concheiro
Nogueira.
Concho
Froito do concheiro ou nogueira.
Corriola

*

Mala herba que sae nas hortas entre os cultivos, de tipo enredadera. Son finas pero moi malas de quitar, xa...
Costrela

*

A costela de calquera vertebrado.
Coíña

*

Verza alta.
Cuxote

*

Coxa (parte da perna que vai dende a cadeira ao xeonllo).
De ras en vas

*

Refírese a unha cousa ou lugar que está cheo.
Delourar

*

Primeiro secado da roupa ao aire libre.
Embabecado
Pasmado.
Embelga

*

1. Cada unha das partes en que se divide un terreo para traballalo ou sementalo. 2. Terreo pequeno e estreito.
Embuligar

*

Emporcallar, luxar.
Empericoular

*

Colocar algo nun sitio alto e desequilibrado. "Acumulaches todo empericoulado e pode caer". Tamén define aos rapaces que andan por sitios...
Encalmación

*

Insolación. Malestar provocado por estar moito tempo ao sol.
Encangar

*

Entreter, molestar, dar a lata.
Encetar

*

Infectar. Cando unha ferida está infectada dicimos que está encetada.
Ene

*

Sen, tempa (ver RAG.).
Ensarnar

*

Inzar (ver 2ª acepción da RAG).
Entrambelicarse

*

Equivocarse.
Envolto

*

Revolto, turbio.
Enzorrovillarse

*

Enlearse ou liarse nalgunha cousa.
Esbolsar

*

Botarse fóra dun recipiente un líquido.
Escalamouchar

*

Cando unha cousa está rota de mala maneira.
Escalfurir

*

Cando xa están arrincadas as patacas, unha persoa vainas sacando de entre a terra, iso é escalfurilas. Sacudir.
Escallar

*

Remover a superficie da terra. Ver dicionario da RAG.
Escamallado

*

Calquera cousa que está desorganizada, separada, espallada. Ex.: a palla está escamallada.
Escarnar

*

No contexto da matanza, termo que se usa cando se lle quita case toda a carne ós osos para poñelos...
Escarreado

*

Caído, torto.
Esfolar

*

1. Sacar a pel a un animal. 2. Ferirse na pel.
Esgarrio

*

Persoa moi delgada.
Esgretar

*

Agrietar.
Esperrear

*

Espirrar, esbirrar.
Espirrabado

*

1. Terra excesivamente seca. 2. Carne moi pasada.
Espoltrado

*

Deitado sen ganas, con galbana.
Espurrucar

*

Apretar un gran da pel.
Estafermo

*

Persoa parada, sen sangue (ver RAG).
Estantilla

*

Marco da porta.
Estantoñado

*

Andar polo medio pasmado, estorbando e interferindo.
Esteba

*

Xara.
Estonar

*

1. Cando comeza a endurecerse o pan. 2. Cando un está algo queimado polo sol e ten a pel seca.
Estordegado
Calidade do que non está recto, retorto.
Estrado

*

Cada unha das táboas coas que se fai a cheda do carro. Ver RAG.
Estraloucado

*

Aloucado.
Estrampar

*

Golpear ou lanzar a alguén contra algo. Ver estampar na RAG.
Fostró

*

Un home haragán ou descoidado.
Frieira

*

Inflamación da pel polo frío (ver RAG).
Froxar
Movemento que se fai cara atrás.
Furar

*

Acción de introducir as extremidades ou a cabeza polos buracos das prendas de roupa.
Gabanceira

*

Planta silvestre (Rosa canina).
Galfardo

*

Neno pequeno.
Gandaia
Reunión social na que hai música e baile, festa, foliada.
Gandaina

*

Troula, festa. Ver RAG.
Gandarón

*

Pau da uz queimado por un lume forestal.
Garabullo

*

Cacho pequeno de pau. Usado na frase: É día de garabullos, é dicir, de traballo.
Garapio

*

Ferramenta de labranza similar á forcada pero coas puntas dobradas cara dentro, asemellándose a un garfo. Entre outros usos, emprégase...
Gavear

*

Arar a terra e abonala.
Gazapello

*

Casucha pequena.
Goldracha

*

Unha muller con mala hixiene. Porca.
Gorromela

*

Celos, ter celos.
Gurrispo

*

Resto de bebida que queda no fondo dunha copa ou vaso.
Gándara

*

Superficie de monte de uces queimado.
Incio

*

Descendencia.
Indilgar

*

Ver algo moi pequeno ou difícil de ver.
Inguichar

*

Acción de erguerse o pene como resultado do excitamento sexual.
Leburín

*

Porción de monte ocupada por pasto seco nun zona sen cultivar. Destaca pola súa cor parda e onde habitan paxaros...
Leiturga

*

Leituga.
Lesna

*

Instrumento aguzado de metal, con mango de madeira, que se usa para furar coiro, goma, etc. Ver RAG.
Libradura
Expulsar a placenta a vaca.
Locho

*

Adxectivo que define de forma agarimosa ás persoas con actitude atolondrada ou pouco razoable.
Louxa

*

A Real Academia Galega recomenda o termo lousa, pero dado que a nosa comarca é a que máis industria de...
Maquía

*

Porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro por cada vez que se moe (ver RAG).
Maragolla

*

Óso da froita.
Marmañar

*

Verbo que describe unha choiva moi miudiña.
Merendelo

*

Embutido feito tradicionalmente co pedro (cego) da tripa gorda do porco. Pigureiro.
Mión

*

Peza central de madeira da roda do carro que a une ao eixe. Ver RAG. *Os mellores eran os de...
Morcilla

*

Embutido que se fai con cabaza cocida e lambetas de pan.
Mormeira

*

Cando estás conxestionado con moqueira.
Morneira

*

Montón de varios mollos de cereal no que se vai agrupando nas terras antes de levalo á aira.
Morroncho

*

Berberecho.
Mortalla

*

Matanza do porco.
Muradella

*

Parede de pedra contra un talude que fai contención do terreo ou límite entre fincas.
Niallo

*

Niño, construción que fan as aves para poñer os ovos e criar
Nifo

*

Mofo, balor.
Nina/o

*

Forma familiar para referirse a unha persoa habitualmente máis nova.
Pantalois

*

Forma plural de pantalón do xeito no que se dí en Valdeorras.
Paparrón

*

Tea de araña de grandes dimensións propia das cortes.
Pedona

*

Unha fouce tipica da zona. Empregada en Arcos e Baxeles.
Periuela

*

1. Recipiente de barro en forma de cunca na que se amasaba a zorza para facer os chourizos.  2. Forno...
Pexar

*

Oprimir, non deixar mover o corpo.
Pigureiro

*

Androia realizada co cego do intestino do porco, segundo en importancia dos embutidos da matanza, só por detrás do botelo,...
Porraco

*

Pozo pequeno. Ver porraca na RAG.
Pota

*

Alquitara, alambique.
Poteiro

*

Augardenteiro (ver RAG), destilador. Oficio consistente en destilar o augardente coa pota ou alquitara.
Poula

*

Prado de secano, que non se rega. Ver RAG.
Proicio

*

Sensación de picor. Cando che pica algo tes proicio.
Prosmeiro

*

Persona que sempre se está a queixar.
Puleirada

*

Conxunto de poliños que van saíndo dos ovos das pitas. Por similitude, tamén se denomina así a un grupo de...
Purrela

*

Viño frouxo, de pouca graduación.
Puxa

*

Pel da castaña.
Puxela

*

Fenómeno meteorolóxico consistente na conxelación da néboa e conseguinte precipitación en forma de po branco.
Pínfano

*

Mosquito (do que pica).
Quiobra

*

Cobra.
Rabexar

*

Cando se derrama o viño pola xarra abaixo ou por calquera outro recipiente.
Rachón

*

Bloques de louxa en bruto e de grandes dimensións que, logo de pasar por un proceso de corte e labrado,...
Ralbar
1: Movemento vertical dun obxecto ou persoa, chimpo. 2: Subir por unha superficie usando as mans e pés, gabear.
Rebulir

*

Remexer.
Reco/a
Mamífero artiodáctilo do grupo dos suídos, de corpo groso, cabeza e orellas grandes, fuciño estreito e patas curtas que se...
Refucir

*

Remangar unha prenda de roupa. Ver RAG.
Regoxa

*

Cortiza do pan.
Relleira

*

Pezas de madeira que furan o mión e as cambas da roda do carro transversalmente. Ver RAG (acepción 7).
Remallada

*

Montón grande de pólas podadas.
Renerte

*

Remolón, protestón.
Repoltro

*

Gromos/brotes que saen do tronco dos castiñeiros.
Requichado

*

Calquera cousa que vai levantada (o rabo dun animal, a saia,...).
Rescoballo

*

Resto de algo, pequena cantidade que queda.
Rialengo

*

Pedra branca utilizada pol@s nen@s para xogar.
Roxar

*

Quentar o forno grande de leña.
Ruinchán

*

De pouca calidade, de elaboración sinxela e pouco resistente. Tamén para referirse a persoas débiles ou enfermizas, de moita frouxeira...
Sofreiro

*

Sobreira.
Souteira

*

Muller que ía traballar na tempada da recollida da castaña. *A Biobra chegaban de todos os puntos da xeografía valdeorresa,...
Subiado

*

Silveiral.
Sumenga

*

Facer as cousas á sumenga, é facer algo con malicia, con picardía.
Tafo

*

Gas que se acumula nas covas durante a fermentación das uvas.
Ter un fillo de disfrutada

*

Ter un fillo de solteira.
Tifón

*

Golpe que che dan para que cales.
Toromelo

*

Atontado, aparvado, aloucado.
Torrón

*

Anaco de terra compacta que sae ao cavar ou arar. Ver terrón na RAG.
Touzó

*

Gran que sae nas pálpebras. Toromelo ou tirizó (ver RAG).
Tranquibales

*

Trastes, collóns, testículos.
Trastes

*

Collóns, testículos, tranquibales.
Treitoira

*

Peza de madeira que abraza o eixe do carro. Normalmente facíase de chopo. Un carro leva 4 treitoiras.
Troba

*

Burato no tronco dos castiñeiros.
Troxo

*

O pao da verza cando está moi alta.
Ulmeiro

*

Ameneiro ou amieiro (ver RAG). Árbore que crece nas ribeiras ou zonas húmidas.
Vacía

*

Salgueiro feito co tronco baleirado dunha árbore para salgar a carne do porco
Vargo

*

Lousa ou pedra grande de pouco grosor, que se crava na terra para cerrar un recinto (ver RAG).
Vento xabreiro

*

Vento frío que sopra da zona de Sanabria.
Xalabardazo

*

Darlle cunha vara a alguén no carrelo.
Xarela

*

Dícese da persoa que se bota a rir descontroladamente sen poder parar.
Xaugar

*

Enxaugar un recipiente, copa ou vaso.
Xebrado

*

Separado, referido a persoas ou animais.
Xixo

*

Cacho de carne pequeno.
Xostra

*

Preguiceira, vaga. Persoa que non lle gusta traballar.
Zocho

*

Dícese do coitelo ou machado que non corta.
Zufreiro

*

Forma empregada na Medua para refreirse á sobreira,  árbore que en castelán é alcornoque.
garaboia

*

Óso que teñen no interior algunhas froitas, como por exemplo a cereixa, a cirola, o pexego, etc.
rodelo

*

Trapo de cociña.
urichar

*

Ver ou observar a alguén sen ser visto, por exemplo desde o buraco dunha pechadura, ou desde a abertura dunha...
1/3

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje