Nogueira.
Vendeu os concheiros todos que tiña, unha pena porque a ver de onde saca os conchos este ano.
Esta palabra de uso moi extendido na comarca de Valdeorras substitúe a forma recomendada no dicionario da Real Academia Galega nogueira. Na meirande parte dos dicionarios concheiro aparece como De conchas ou relativo a elas.
Eligio Rivas Quintas localízaa co significado que nos achega o usuario no veciño concello de Quiroga e atopámolo tamén nas comarcas veciñas do Bolo e no Bierzo, polo que de seguro que é unha palabra cun uso extendido no bloque oriental do galego. No Bierzo tamén aparece unha variante Conchal que estudaremos por se ten presenza na comarca de Valdeorras.
A forma nogueira malia que non ten apenas presenza na comarca si que aparece en antropónimos, nomes e apelidos de persoa, por toda a Comarca.
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Redes sociais
instagram.com/fundacionfdg
facebook.com/FundacionFlorencioDG
x.com/asletrasdeFDG
Aviso Legal
Email
fundación@florenciodelgadogurriaran.gal
Dirección
Rúa San Roque 8
O Barco de Valdeorras
Google maps
CO APOIO DE

Mensaje