Estordegado

Calidade do que non está recto, retorto.

Exemplo
- Os troncos dalgunhas árbores poden aparecer estordegados, retortos, por influencia externa.

- “(...) estordegados
no derradeiro
pulo da morte
erguen ao ceio
as irtas gallas (...)”.

Florencio Delgado Gurriarán, poema O Souto morto.
Categoría
Adxectivos
Campo semántico
Fauna
Informantes
Florencio Delgado Gurriarán
Google
Map data ©2025 Google, Inst. Geogr. Nacional
Map data ©2025 Google, Inst. Geogr. Nacional
Argumentario

Este adxectivo aparece na obra de Florencio referido aos castiñeiros ou castiros, indicando cando un tronco está retorto e non mantén a súa forma orixinal.

Esta forma aparece recollida nos dicionarios de Leandro Carré Alvarellos e de Luís Aguirre del Río, aínda que é máis significativa a súa presenza no Catálogo de voces y frases de la lengua gallega de Frei Martín Sarmiento. Se imos á presenza na literatura atopámola usada por Cotarelo Valledor autor nado en Asturias, ou Antón Tovar, nado na Limia. Parece unha palabra coa mesma orixe que a forma portuguesa estortegar.

Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.

Proxecto participativo

Este dicionario aspira a ser un proxecto cultural construído dende a base, polo que os procesos participativos e de mediación cultural estarán no centro da súa acción.

Para facer achegas entra coa túa conta. E se aínda non estás rexistrado
Rexístrate aquí
Boas
Usuario
, se queres facer unha nova achega ao dicionario vai a
Nova achega
Termos
Erro
Éxito

Erro descoñecido

BESbswy