En revisión

Niallo

Niño, construción que fan as aves para poñer os ovos e criar

Autoría:
Wikimedia Commons
Que se ve:
Niallo nunha árbore
Fonte:
Creative Commons
David (1979, Alcoba de la Ribera)
Ana (1944, Veigamuíños)
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Fauna

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:

As aves adoitan facer os niallos con pauciños pequechos, plumas e herbas

«(...) O niallo de mostaceiras 
do chanteiro das Cortiñas
ten areas i un sapiño…
¡Que se amolen as formigas! (...)». 

Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.

Argumentario:

Parece que niallo convive de forma activa na fala coa forma niño. Malia parecer un diminutivo ou despectivo do segundo, en realidade úsase como sinónimo.

Todo indica que é propia desta zona, xa que non aparece nos dicionarios nin léxicos tradicionais. Só Eligio Rivas Quintas recolle a forma indicando que é valdeorresa. Alén disto, no Tesouro Informatizado da Lingua Galega só aparece relacionada coa obra de Florencio Delgado Gurriarán.

Atopamos unha proba da extensión desta palabra na zona do Bierzo e Léon. Un falante amosa a forma nial que podería ter a mesma base que a forma niallo en Alcoba de la Ribera a uns 30 kilómetros de León. Achegamos exemplo na escoita.

Localización:
Córgomo
Comentarios
Miguel Conde
5/1/2026

En Biobra oín "neallo"

Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje