Gandaia

Reunión social na que hai música e baile, festa, foliada.

Autoría:
Cristina de la Torre
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Festas

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:
- A noite de San Xoán sempre vai de gandaia a Baxeles, haiche moita festa alí.

- «(...) ao chega-la noite
de tornar se lembra
porque ten gandaia
e non quer perdela.(...)»
.
Florencio Delgado Gurriarán, poema Muiñada.
Argumentario:

Termo recollido pola RAG como gandaina co significado de diversión buliciosa. A palabra presente na nosa fala perdeu ese -n- intervocálico na derradeira sílaba. Na maioría dos dicionarios consultados atopamos gandaia ou gandaya co significado de tuna. Constantino García González recolle gandaina co significado de diversión en Valdeburón (León) e A Capela (A Coruña). Xosé Filgueira Valverde recolle o verbo gandaiar como vagabundear ou folgar.

Localización:
Córgomo
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje