Mamífero artiodáctilo do grupo dos suídos, de corpo groso, cabeza e orellas grandes, fuciño estreito e patas curtas que se cría especialmente para aproveitar o seu corpo na alimentación humana.
Esta palabra aparece de forma xeralizada en Valdeorras, malia que convive con formas como marrau localizadas en Veigamuíños e Éntoma, por exemplo. O dicionario da Real Academia Galega recolléa co significado Cría do porco, especialmente mentres mama. Aquí non só se usa para referirse ao animal en todas as etapas da vida, senón que pode aparecer como adxectivo referido a persoas que non son especialmente limpas ou están luxas.
A acepción que aquí recollemos xa aparece en autores como Anibal Otero ou Eligio Rivas. Este último sitúaa en Santigoso e tamén a relaciona co termo reco teixo referíndose ao teixugo ou porco teixo . Noutros autores como Constantino Garcia ou Xose Luís Franco Grande aparece como variante de leitón.
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Redes sociais
instagram.com/fundacionfdg
facebook.com/FundacionFlorencioDG
x.com/asletrasdeFDG
Aviso Legal
Email
fundación@florenciodelgadogurriaran.gal
Dirección
Rúa San Roque 8
O Barco de Valdeorras
Google maps
CO APOIO DE

Mensaje