Carrúa

Camiño aberto no monte dende un principal.

Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Terreo

Usuario/as que colaboraron:
Modesto
Exemplo:

Onte houbo un choque na Carrúa.

Vira á esquerda e métete pola carrúa, é estreita pero podes pasar co coche. Cando chegues ao sinal de Alixo para, que agardo alí.

Argumentario:

Esta palabra é sen lugar a dúbidas unha palabra propia da zona. Nos dicionarios de uso xeral non aparece con este significado senón que aparece como Cachaza, pachorra. Lentitude na maneira de facer as cousas ou de ocorreren estas. Esta acepción afástase moito do significado que nos ofrece o usuario no que o esencial é a referencia a unha vía, secundaria ou non, pola que é posible entrar cun carro.

Atopamos Carrúa no Barco de Valdeorras fosilizada xa nun topónimo, igual que en Alixo onde Eligio Rivas Silva a localiza co significado de Entrada de carro en el cierre de una finca.

Localización:
Biobra, Alixo, O Barco
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje