Bañadeira

Recipiente con forma de artesa onde se adoba a carne para facer os chourizos.

Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Agro

Usuario/as que colaboraron:
Modesto
Exemplo:

Foi pedir á Paca unha bañadeira para adubarmos mañá a carne na matanza

Argumentario:

Esta palabra tal e como nola achega o usuario non aparece en ningún dicionario nin en textos literarios dixitalizados . Cando aparece é co significado de peza do baño onde lavarse de corpo enteiro.  Razón pola que parece que é propia do Valdeorrés.

Traballaremos para contrastala con falantes doutras zonas para poder delimitar se se usa en toda Valdeorras ou nalgunha zona específica.

 

Localización:
Biobra
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje