Amerodo

Albedro, froito do arbutus unedo ou érbedo. Froito de inverno redondo de cor vermella por fóra e amarelo por dentro.

Autoría:
Cristina de la Torre
Fonte:
Propia
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Flora

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG, Noelia Estévez Rionegro
Exemplo:
- Non comades amerodos, que vos emborrachades!

- «(…) Compóñenche enfeites belos
pingas de choiva nas herbas,
amerodos nos camiños,
acios nas mestas cepeiras,
carrabouxos nos carballos… (...)»
.
Florencio Delgado Gurriarán, poema Valdeorras.
Argumentario:

Este termo aparece nos dicionarios como froito da amorodeira, o que en castelán sería fresa. A peculiaridade aquí é que se usa para o froito dos érbedos, arbustos salvaxes. Algúns investigadores recoñecen este termo tal e como se coñece en Valdeorras, é o caso de Xoán Cuveiro Piñol que o localiza en Ourense ou Francsico Porto Rey. Dentro de Valdeorras atopamos variantes como amorodo ou merodo.

Localización:
Córgomo
Comentarios
Cristina De la Torre
13/11/2025

Na zona da Lastra úsase máis o termo érbedo que penso que é o normativo.

Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje