Lixo ou partícula pequena de suciedade que se quita da roupa, pelo, tea.
Metéuseme unha broza no ollo.
Levas o pantalón cheo de brozas, vaite cambiar
Esta palabra parece que é propia da zona de Valdeorras. No dicionario da Real Academia Galega aparece mais o seu significado é diferente Conxunto de restos vexetais, como herba, fento, toxo, ramallos etc. Esta mesma acepción aparece no resto de dicionarios e nas recollidas léxicas do Bierzo. Polo que a nosa achega podería ser unha especialización de significado, na que tomando o significado xeralizado se cree a acepción que aquí atopamos.
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Redes sociais
instagram.com/fundacionfdg
facebook.com/FundacionFlorencioDG
x.com/asletrasdeFDG
Aviso Legal
Email
fundación@florenciodelgadogurriaran.gal
Dirección
Rúa San Roque 8
O Barco de Valdeorras
Google maps
CO APOIO DE

Mensaje