En revisión

Coíña

Verza alta.

Variantes:
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Flora, Alimentación

Usuario/as que colaboraron:
Modesto
Exemplo:

As coíñas aguantan moi ben o clima frío e húmido.

Tes unha coíñas ben fermosas, altas e moi sás.

Argumentario:

Esta forma malia que aparece recollida no dicionario da Real Academia Galega coa definición de “Col da semente, que aínda non foi transplantada” nesta zona refírese á planta da verza, segundo a zona podemos atopar certas variacións. Na zona de Biobra aparece para referirse á planta cando é adulta e o seu talo é moi alto, en Éntoma por exemplo coíña é a planta cando é nova e ten pouco tamaño e para se referiren á planta adulta e co talo alto usan formas como Chanteiro ou Tronxo. 

Esta última palabra tamén pode aparecer como adxectivo que significa alto e delgado.

Localización:
Biobra
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje