Choupín

Cogomelo comestible, con sombreiro cuberto de escamas pardas, interior laminado e pé delgado cun anel móbil.

Autoría:
Diego Crespo Trincado
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Alimentación

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán (1903, Córgomo)
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:
- Os choupíns sonche dos cogomelos que máis me gustan.

- «(...)¡Andar o «bago relú»,
ós hérbedos i os choupís,
e deitarse ó «ventestate»
ó xeito dos lampantís! (...)”»
.
Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.
Argumentario:

Esta palabra non parece de uso exclusivo de Valdeorras pero si que ten unha fonda pegada na fala da comarca. Aparece en varios dicionarios co significado de fungo ao lado de acepcións como foguete ou tipo de medida.

Xosé Luís Franco Grande recóllea nun epistolario entre Florencio e Laureano Prieto quen viviu parte da súa vida na comarca de Viana do Bolo. Marisa Castro e Luís Freire, nunha guía de setas, localizan a palabra no veciño concello de Quiroga, e Benigno Fausto Galdo, recolle a palabra como propia da nosa comarca.

Se revisamos outros autores galegos vemos que foi usada por varios con dispar procedencia: Ramón Otero Pedrayo (Ourense), Francisco Barxa Iglesias (Vilardevós), Lois Tobío Campos (Brión) e Camilo Cao Martínez (Celanova).

Localización:
Córgomo
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje