Cochar

1: No xogo dos birlos, non chegar a bóla ata a liña de sinal.
2: No xogos das bólas facer un mal lanzamento.

José Eladio (1960, Portela, Vilamartín)
Categoría:
Verbos
Campo semántico:
Xogos populares

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:
- Cochaches, esta partida gáñoa eu.

- «(...) En Córgomo non cochamos
nin cos bolos, nin cás mozas. (...)»
.
Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.
Argumentario:

Este termo aparece nalgúns dicionarios antigos de galego co significado de: tapar, cubrir, quitar a maleza, retirar do lume, etc. A recollida co significado relativo ao xogo foi feita por Xosé Lois Franco Grande en Valdeorras e por Elixio Rivas Quintas en Viana do Bolo. Máis recentemente, Concepción Álvarez Pousa e Francisco Cobo Rodríguez acéptanna en sendos artigos como unha palabra propia da comarca de Valdeorras.

Nos versos de Florencio atopamos as dúas acepcións, como xogo fallido que non chega a bo termo e co significado extendido de fallar, non atinar nalgo.

Localización:
Córgomo, Portela
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje