Avisedo

Terreo no que non acostuma dar o sol, sombrío.

Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Terreo

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:
- Todo o que plantes no avisedo morrerá por falla de sol.

-«(...) No soalleiro louro de laranxas,
roxo de balsaís e sangradeiros,
doce de mel, cinsento de oliveiras….
e a tanger os axóuxeres dos conchos
e broslado de felgas, no abisedo.(...)»

Florencio Delgado Gurriarán, poema Saúdo a Otero Pedrayo.
Argumentario:

A forma aceptada pola Real Academia Galega é Avesedo coa variante avesío e todo apunta a que se trata da canónica, mentres que a forma avisedo é unha forma dialectal da comarca de Valdeorras.

No dicionario de Carré Alvarellos aparece como declive de un monte hacia la parte norte, definición que nos daría a pista do significado deste substantivo. Francisco Cobo Rodríguez recolle as variantes avesío e avisíu. Concepción Álvarez Pousa catalógaa como unha influencia externa ao valdeorrés.

Localización:
Córgomo
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje