1: Movemento vertical dun obxecto ou persoa, chimpo.
2: Subir por unha superficie usando as mans e pés, gabear.
O termo aparece en varios dicionarios co significado de saltar, en Eladio Rodríguez González ou en Xosé Luís Franco Grande. Francisco Cobo Rodríguez localízaa nos concellos do Barco, Carballeda e Rubiá.
Atopamos un exemplo deste uso no ourensán Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía. Concepción Álvarez Pousa recolle a acepción de correr ás presas, propio da zona de Viana. Tamén rexistramos un significado distinto, acepción 2, na que o siginificado se achega a gatuñar no concello da Rúa.
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Redes sociais
instagram.com/fundacionfdg
facebook.com/FundacionFlorencioDG
x.com/asletrasdeFDG
Aviso Legal
Email
fundación@florenciodelgadogurriaran.gal
Dirección
Rúa San Roque 8
O Barco de Valdeorras
Google maps
CO APOIO DE

Mensaje