Froxar

Movemento que se fai cara atrás.

Categoría:
Verbos
Campo semántico:
Agro

Informantes:
Florencio Delgado Gurriarán
Usuario/as que colaboraron:
Fundación FDG
Exemplo:
- Ía a cabalo e tivo que froxar para coller de novo o camiño, deixárao atrás.

- “(...)Non sábelo que é froxar
nin sábelo que é rousar…
¿E chámaste carreteiro?
¡Sonche ganas de falar! (...)”.

Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.
Argumentario:

Na meirande parte dos dicionarios esta palabra aparece co significado de afrouxar, deixar de estar apertado. En García González aparece co signicado de camiñar cara atrás as vacas, o que nos conduce  ao significado que ofrece Concepción Álvarez Pousa de xirar cara atrás co carro.

O que queda claro no uso que fai Florencio é que se refire a unha acción que realiza o carro ou que se lle fai ao carro no proceso da súa construción.

Localización:
Córgomo
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje