En revisión

Caricocha

Tronco oco dos castiñeiros.

Variantes:
caracocha
Categoría:
Substantivos
Campo semántico:
Flora

Usuario/as que colaboraron:
Modesto
Exemplo:

Os ninos estaban a xogar ás agachadas nas caricochas dos castiñeiros.

Argumentario:

No dicionario da Real Academia Galega atopamos a palabra de caracocha, Oco ou cavidade relativamente grande no toro dunha árbore. Nos poemas de Florencio Delgado Gurriarán aparece con esta mesma forma que recolle o dicionario.

 A achega que nos envía este usuario pode ser unha disimilación vocálica, un fenómeno no que os falantes tenden a pronunciar distintas dúas vogais que aparecen repetidas na palabra. De apareceren máis exemplos con este fenómeno poderíase considerar propio da comarca.

Localización:
Biobra
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje