Cernada

Cinsa da cociña de ferro, da fogueira ou dun incendio.

Categoría:
Substantivos

Usuario/as que colaboraron:
Modesto
Exemplo:

Non recollites a cernada e agora a lareira non tira ben.

Argumentario:

Esta palabra parece propia de Valdeorras e do Bierzo. No dicionario da RAG aparece co significado de podar, demoucar e só nun documento, o dicionario de Eligio Rivas Quintas, aparece co significado aportado polo noso usuario.

Nos dicionarios de lingua castelá aparece como Parte no disuelta de la ceniza, que queda en el cernadero después de echada la lejía sobre la ropa / Cataplasma de ceniza y otros ingredientes. Podería tratarse dunha ampliación de significado da forma castelá que se crea nesta zona.

Recollemos tamén un refrán no que aparece esta palabra:  En boca pechada non entra cernada

 

Localización:
Biobra
Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Usuario
Nome do usuario
Nova achega
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje