Termos

Filtro:
Todos

*En revisión

*Descartado

A prepito
Subir a peito unha costa.

*

Abalixar
Andar bulindo sen parar.

*

Abandixar
Andar bulindo sen parar.

*

Acarqueñado
Agochado en mala postura, en crequenas.

*

Achacir
Facer.

*

Acidientarse
Cando un neno pequeniño chora desconsoladamente dise: "Acidientouse o rapaz"

*

Acutifar
Empurrar a alguén.

*

Adral
Táboa que se lle engade ao carro por riba da súa estrutura para poder cargalo máis.

*

Alamia / allanta
Aro de ferro que bordeaba a roda do carro.

*

Albar
Especie de faba plana con forma de moa.

*

Alfunin
Forma valdeorresa para referirse ao funil. No dicionario da RAG, o funil descríbese como un 'instrumento de boca ancha, que se...

*

Aligacha
Animal negro que se arrastra deixando un ronsel húmido. Babosa.

*

Amerodo
Albedro, froito do arbutus unedo ou érbedo. Froito de inverno redondo de cor vermella por fóra e amarelo por dentro.
Amordicar
Beliscar. Apertar entre dous dedos.

*

Amorgallado
Empapado e sucio.

*

Apeladeiro
Parte do carro que apreta as treitoiras contra o eixe do carro.

*

Argana
Semente seca dunha herba dos prados.

*

Argueiro
Cando tiñas un lixo (argueiro) nun ollo, metíanche nel unhas sementes secas dunha planta chamada galo cristo e montando a...

*

Aricar
Pasar o arado entre dous regos plantados para botar a terra contra as plantas e quitar as herbas.

*

Arimar
Arrimar.

*

Arreborcallarse
'Revolcarse' alguén nun sitio (no chan, na lama...). Tamén se di: botarse a arreborcallois (a voltas) por unha pendente abaixo.

*

Arreborcallois
Voltas. Botarse a arreborcallois.

*

Arrelampar
Cando as árbores quedan coas follas medio murchas pola proximidade do lume. Ou cando na época da recollida das castañas...

*

Arrepazar
Arrincar as herbas ou calquera outra planta sen ser de raíz.

*

Arrizar
Denteira producida por comer unha froita verde.

*

Asombrar
Agobiar a alguén, non deixar respirar por estar enriba dun.

*

Asucar
A mesma operación que aricar, pero feita a man (cunha aixada ou un sacho). 

*

Atafanado
Abrigado.

*

Avisedo
Terreo no que non acostuma dar o sol, sombrío.
Azurrugullar
Envolver unha cousa de mala maneira e moi arrugada.

*

Babeco
Persoa que ten ou manifesta no seu comportamento pouca ou ningunha intelixencia.

*

Baloco
Pau que se usa a modo de caxato.

*

Barfa
Fío da vaina da xudía cando xa non está tenra.
Bargo
Pedra grande usada como peche das fincas.

*

Baxola
Casca ou vaíña seca de determinadas leguminosas.
Bañadeira
Recipiente con forma de artesa onde se adoba a carne para facer os chourizos.
Berxel
Arte de pesca con rede.
Borrallo
Brasas da lareira ou da cociña de ferro.
Botelo
Embutido feito co estómago do porco. Leva ósos da cabeza e do espiñazo. Non se lle bota o rabo.

*

Breque
Recheo das empanadas.
Broza
Lixo ou partícula pequena de suciedade que se quita da roupa, pelo, tea.
Bullo
Restos da fermentación do viño, bagazo co que se fai a augardente.

*

Bullote
Froito do castiñeiro, castaña.

*

Cadaneira
Árbore que dá froito un ano si e outro non.

*

Cadea
pezas de madeira do carro.

*

Camba
Todas as pezas de madeira que conforman a roda do carro a excepción da que se ensarta no eixo do...

*

Canafrecha
Planta (angelica sylvestris). Ver anxélico/a na RAG [https://academia.gal/dicionario/-/termo/anx%C3%A9lico].

*

Candaja
As sulfatadoras manuais.

*

Candea
Inflorescencia do castiñeiro. Ver RAG [https://academia.gal/dicionario/-/termo/candea].

*

Canizada
Cantidade de castañas que se metían no sequeiro.

*

Carabela
Merenda. Levar a carabela era levar a merenda ou xantar da casa.

*

Caricocha
Tronco oco dos castiñeiros.

*

Carrellada
Algo que non vale para nada.

*

Carrelo
As costas, carrelo (ver RAG [https://academia.gal/dicionario/-/termo/sinonimos/carrelo]).

*

Carrúa
Camiño aberto no monte dende un principal.
Caruncho
Verme da madeira (ver RAG).

*

Cañota ou Teluda
Muller que xa non é nova, taluda. Ver na RAG [https://academia.gal/dicionario/-/termo/taludo].

*

Cereixón
Árbore que dá cereixas. Cerdeira.

*

Cernada
Cinsa da cociña de ferro, da fogueira ou dun incendio.
Cerrallada
Algo que non vale para nada.

*

Chamberizo
Chapitel, alpendre, pendello.

*

Chanteiro
O pao da verza cando está moi alta. Cando é pequeno e tenro chámase coíña [https://dicionario.florenciodelgadogurriaran.gal/termos/termo/coina/].

*

Chapitel
Alpendre, pendello, chamberizo. 

*

Cheda
Especie de plataforma ou piso do carro. Ver na RAG. *En Biobra facíase de madeira de negrillo.

*

Chincar
Facer barullo, barroutar ou falar para molestar.

*

Chinquir
Facer barullo, barroutar ou falar para molestar.

*

Choupín
Cogomelo comestible, con sombreiro cuberto de escamas pardas,interior laminado e pé delgado cun anel móbil.
Chourizo de boche
Faise coa carne máis escura. Soe comerse pouco curado e cocido. *Antigamente botábaselle tamén os pulmóns.

*

Cimón
Brote do nabo antes de que floreza.

*

Cinicato
Finca pequena.

*

Cirrichar
Cando estás mexando, o son que provoca a acción de mexar.

*

Cochar
1: No xogo dos birlos, non chegar a bóla ata a liña de sinal. 2: No xogos das bólas facer un...
Concheiro
Nogueira.
Concho
Froito do concheiro ou nogueira. 
Corriola
Mala herba que sae nas hortas entre os cultivos, de tipo enredadera. Son finas pero moi malas de quitar, xa...

*

Costrela
A costela de calquera vertebrado.

*

Coíña
Verza alta.

*

Cuxote
Coxa (parte da perna que vai dende a cadeira ao xeonllo).

*

De ras en vas
Refírese a unha cousa ou lugar que está cheo.

*

Delourar
Primeiro secado da roupa ao aire libre.

*

Embabecado
Pasmado.
Embelga
1. Cada unha das partes en que se divide un terreo para traballalo ou sementalo. 2. Terreo pequeno e...

*

Embuligar
Emporcallar, luxar.

*

Empericoular
Colocar algo nun sitio alto e desequilibrado. "Acumulaches todo empericoulado e pode caer". Tamén define aos rapaces que andan por sitios...

*

Encalmación
Insolación. Malestar provocado por estar moito tempo ao sol.

*

Encangar
Entreter, molestar, dar a lata.

*

Encetar
Infectar. Cando unha ferida está infectada dicimos que está encetada.

*

Ene
Sen, tempa (ver RAG.).

*

Ensarnar
Inzar (ver 2ª acepción da RAG).

*

Entrambelicarse
Equivocarse.

*

Envolto
Revolto, turbio.

*

Enzorrovillarse
Enlearse ou liarse nalgunha cousa.

*

Esbolsar
Botarse fóra dun recipiente un líquido.

*

Escalamouchar
Cando unha cousa está rota de mala maneira.

*

Escalfurir
Cando xa están arrincadas as patacas, unha persoa vainas sacando de entre a terra, iso é escalfurilas. Sacudir.

*

Escallar
Remover a superficie da terra. Ver dicionario da RAG.

*

Escamallado
Calquera cousa que está desorganizada, separada, espallada. Ex.: a palla está escamallada.

*

Escarnar
No contexto da matanza, termo que se usa cando se lle quita case toda a carne ós osos para poñelos...

*

Escarreado
Caído, torto.

*

Esfolar
1. Sacar a pel a un animal. 2. Ferirse na pel.

*

Esgarrio
Persoa moi delgada.

*

Esgretar
Agrietar.

*

Esperrear
Espirrar, esbirrar.

*

Espirrabado
1. Terra excesivamente seca. 2. Carne moi pasada. 

*

Espoltrado
Deitado sen ganas, con galbana.

*

Espurrucar
Apretar un gran da pel.

*

Estafermo
Persoa parada, sen sangue (ver RAG).

*

Estantilla
Marco da porta.

*

Estantoñado
Andar polo medio pasmado, estorbando e interferindo.

*

Esteba
Xara.

*

Estonar
1. Cando comeza a endurecerse o pan. 2. Cando un está algo queimado polo sol e ten a pel...

*

Estordegado
Calidade do que non está recto, retorto.
Estrado
Cada unha das táboas coas que se fai a cheda do carro. Ver RAG.

*

Estraloucado
Aloucado.

*

Estrampar
Golpear ou lanzar a alguén contra algo. Ver estampar na RAG.

*

Fostró
Un home haragán ou descoidado.

*

Frieira
Inflamación da pel polo frío (ver RAG).

*

Froxar
Movemento que se fai cara atrás.
Gabanceira
Planta silvestre (Rosa canina).

*

Galfardo
Neno pequeno.

*

Gandaia
Reunión social na que hai música e baile, festa, foliada.
Gandaina
Troula, festa. Ver RAG.

*

Gandarón
Pau da uz queimado por un lume forestal.

*

Gavear
Arar a terra e abonala. 

*

Gazapello
Casucha pequena.

*

Goldracha
Unha muller con mala hixiene. Porca.

*

Gorromela
Celos, ter celos.

*

Gurrispo
Resto de bebida que queda no fondo dunha copa ou vaso.

*

Gándara
Superficie de monte de uces queimado.

*

Incio
Descendencia.

*

Indilgar
Ver algo moi pequeno ou difícil de ver.

*

Leburín
Porción de monte ocupada por pasto seco nun zona sen cultivar. Destaca pola súa cor parda e onde habitan paxaros...

*

Leiturga
Leituga.

*

Lesna
Instrumento aguzado de metal, con mango de madeira, que se usa para furar coiro, goma, etc. Ver RAG.

*

Libradura
Expulsar a placenta a vaca.
Locho
Adxectivo que define de forma agarimosa ás persoas con actitude atolondrada ou pouco razoable.

*

Louxa
A Real Academia Galega recomenda o termo lousa, pero dado que a nosa comarca é a que máis industria de...

*

Maquía
Porción de gran ou fariña que se lle paga ao muiñeiro por cada vez que se moe (ver RAG).

*

Maragolla
Óso da froita.

*

Marmañar
Verbo que describe unha choiva moi miudiña. 

*

Merendelo
Embutido feito tradicionalmente co pedro (cego) da tripa gorda do porco. Pigureiro.

*

Mión
Peza central de madeira da roda do carro que a une ao eixe. Ver RAG. *Os mellores eran os de...

*

Morcilla
Embutido que se fai con cabaza cocida e lambetas de pan.

*

Mormeira
Cando estás conxestionado con moqueira.

*

Morneira
Montón de varios mollos de cereal no que se vai agrupando nas terras antes de levalo á aira.

*

Morroncho
Berberecho.

*

Mortalla
Matanza do porco.

*

Muradella
Parede de pedra contra un talude que fai contención do terreo ou límite entre fincas.

*

Niallo
Niño, construción que fan as aves para poñer os ovos e criar

*

Nifo
Mofo, balor.

*

Nina/o
Forma familiar para referirse a unha persoa habitualmente máis nova. 

*

Pantalois
Forma plural de pantalón do xeito no que se dí en Valdeorras.

*

Paparrón
Tea de araña de grandes dimensións propia das cortes.

*

Pedona
Unha fouce tipica da zona. Empregada en Arcos e Baxeles.

*

Periuela
1. Recipiente de barro en forma de cunca na que se amasaba a zorza para facer os chourizos.  2....

*

Pexar
Oprimir, non deixar mover o corpo.

*

Porraco
Pozo pequeno. Ver porraca na RAG.

*

Pota
Alquitara, alambique.

*

Poteiro
Augardenteiro (ver RAG), destilador. Oficio consistente en destilar o augardente coa pota ou alquitara.

*

Poula
Prado de secano, que non se rega. Ver RAG.

*

Proicio
Sensación de picor. Cando che pica algo tes proicio.

*

Prosmeiro
Persona que sempre se está a queixar.

*

Purrela
Viño frouxo, de pouca graduación.

*

Puxa
Pel da castaña.

*

Puxela
Fenómeno meteorolóxico consistente na conxelación da néboa e conseguinte precipitación en forma de po branco.

*

Pínfano
Mosquito (do que pica).

*

Quiobra
Cobra.

*

Rabexar
Cando se derrama o viño pola xarra abaixo ou por calquera outro recipiente.

*

Ralbar
1: Movemento vertical dun obxecto ou persoa, chimpo. 2: Subir por unha superficie usando as mans e pés, gabear.
Rebulir
Remexer.

*

Reco/a
Mamífero artiodáctilo do grupo dos suídos, de corpo groso, cabeza e orellas grandes, fuciño estreito e patas curtas que se...
Refucir
Remangar unha prenda de roupa. Ver RAG.

*

Regoxa
Cortiza do pan.

*

Relleira
Pezas de madeira que furan o mión e as cambas da roda do carro transversalmente. Ver RAG (acepción 7).

*

Remallada
Montón grande de pólas podadas.

*

Renerte
Remolón, protestón.

*

Repoltro
Gromos/brotes que saen do tronco dos castiñeiros.

*

Requichado
Calquera cousa que vai levantada (o rabo dun animal, a saia,...).

*

Rescoballo
Resto de algo, pequena cantidade que queda.

*

Rialengo
Pedra branca utilizada pol@s nen@s para xogar.

*

Roxar
Quentar o forno grande de leña.

*

Sofreiro
Sobreira.

*

Souteira
Muller que ía traballar na tempada da recollida da castaña. *A Biobra chegaban de todos os puntos da xeografía valdeorresa,...

*

Subiado
Silveiral.

*

Sumenga
Facer as cousas á sumenga, é facer algo con malicia, con picardía.

*

Ter un fillo de disfrutada
Ter un fillo de solteira.

*

Tifón
Golpe que che dan para que cales.

*

Toromelo
Atontado, aparvado, aloucado.

*

Torrón
Anaco de terra compacta que sae ao cavar ou arar. Ver terrón na RAG. [https://academia.gal/dicionario/-/termo/terron]

*

Touzó
Gran que sae nas pálpebras. Toromelo ou tirizó (ver RAG [https://academia.gal/dicionario/-/termo/toromelo]).

*

Tranquibales
Trastes, collóns, testículos.

*

Trastes
Collóns, testículos, tranquibales.

*

Treitoira
Peza de madeira que abraza o eixe do carro. Normalmente facíase de chopo. Un carro leva 4 treitoiras.

*

Troba
Burato no tronco dos castiñeiros.

*

Troxo
O pao da verza cando está moi alta.

*

Ulmeiro
Ameneiro ou amieiro (ver RAG). Árbore que crece nas ribeiras ou zonas húmidas.

*

Vargo
Lousa ou pedra grande de pouco grosor, que se crava na terra para cerrar un recinto (ver RAG).

*

Vento xabreiro
 Vento frío que sopra da zona de Sanabria.

*

Xalabardazo
Darlle cunha vara a alguén no carrelo.

*

Xarela
Dícese da persoa que se bota a rir descontroladamente sen poder parar.

*

Xaugar
Enxaugar un recipiente, copa ou vaso.

*

Xebrado
Separado, referido a persoas ou animais.

*

Xixo
Cacho de carne pequeno.

*

Xostra
Preguiceira, vaga. Persoa que non lle gusta traballar.

*

Zocho
Dícese do coitelo ou machado que non corta.

*

Zufreiro
Forma empregada na Medua para refreirse á sobreira,  árbore que en castelán é alcornoque.

*

1/3

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje