Dicionario da
fala valdeorresa
Un proxecto colaborativo para recoller o galego de Valdeorras. Coas aportacións da veciñanza pomos en valor a nosa fala e creamos o glosario co que soñaba Florencio Delgado Gurriarán.


Últimos 9 termos validados
Breque
Recheo das empanadas.
Carrúa
Camiño aberto no monte dende un principal.
Cernada
Cinsa da cociña de ferro, da fogueira ou dun incendio.
Concheiro
Nogueira.
Embabecado
Pasmado.
Concho
Froito do concheiro ou nogueira.
Reco/a
Mamífero artiodáctilo do grupo dos suídos, de corpo groso, cabeza e orellas grandes, fuciño estreito e patas curtas que se...
Ralbar
1: Movemento vertical dun obxecto ou persoa, chimpo.
2: Subir por unha superficie usando as mans e pés, gabear.
Libradura
Expulsar a placenta a vaca.
Últimos 3 refráns validados
Lacón con grelos e viño dos Sotelos
Fai alusión aos viños elaborados pola adega Sotelo Naval, que existiu na Rúa de Valdeorras.
De pais gatos, fillos mixiños
Fai referencia ao parecido entre pais e fillos.
Nébora na Creta, merda na cesta
Nos días de recollida de cogomelos, inflúe o tempo que vai. Se hai néboa non se atopan igual que cando...
ÚltimoS artigoS
Proxecto participativo
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

