Ralbar

Definición
1: Movemento vertical dun obxecto ou persoa, chimpo.
2: Subir por unha superficie usando as mans e pés, gabear.
Exemplo
- Se ralbades ese muro para entrar podedes caer.

- “(…)Os bolos ralban louxados,
a bola ralba penedos…
¡É que xogan, mau a mau,
o Severino i o Ferros! (...)”.

Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.

Categoría
Verbo
Campo semántico
Agro
Localización
Córgomo, A Rúa
Informantes
Florencio Delgado Gurriarán
Comentarios Fundación FDG

O termo aparece en varios dicionarios co significado de saltar, en Eladio Rodríguez González ou en Xosé Luís Franco Grande. Francisco Cobo Rodríguez localízaa nos concellos do Barco, Carballeda e Rubiá.

Atopamos un exemplo deste uso no ourensán Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía. Concepción Álvarez Pousa recolle o significado de correr ás presas, propio da zona de Viana. Tamén se recolle un significado distinto, acepción 2, na que o siginificado se achega a gatuñar no concello da Rúa.

Para comentar tes que entrar cos teus datos ou rexistrarte na plataforma. Grazas.
Identifícate
Os comentarios pasarán un proceso de moderación
Grazas por colaborar!