Un proxecto colaborativo de recollida do galego de Valdeorras, unha das claves da identidade da comarca. Coas aportacións da veciñanza pomos en valor a nosa fala e creamos o glosario co que soñaba Florencio Delgado Gurriarán.
Este dicionario aspira a ser un proxecto cultural construído dende a base, polo que os procesos participativos e de mediación cultural estarán no centro da súa acción.