Gandaia

Definición
Reunión social na que hai música e baile, festa, foliada.
Exemplo
- A noite de San Xoán sempre vai de gandaia a Baxeles, haiche moita festa alí.

- «(...) ao chega-la noite
de tornar se lembra
porque ten gandaia
e non quer perdela.(...)»
.
Florencio Delgado Gurriarán, poema Muiñada.

Categoría
Substantivo
Campo semántico
Festas
Localización
Córgomo
Informantes
Florencio Delgado Gurriarán
Gandaia
Foto: Cristina de la Torre
Comentarios Fundación FDG

Termo recollido pola RAG como gandaina co significado de diversión buliciosa. A palabra presente na nosa fala perdeu ese -n- intervocálico na derradeira sílaba.
Na maioría dos dicionarios consultados atopamos gandaia ou gandaya co significado de tuna. Constantino García González recolle gandaina co significado de diversión en Valdeburón (León) e A Capela (A Coruña). Xosé Filgueira Valverde recolle o verbo gandaiar como vagabundear ou folgar.

Para comentar tes que entrar cos teus datos ou rexistrarte na plataforma. Grazas.
Identifícate
Os comentarios pasarán un proceso de moderación
Grazas por colaborar!