Choupín

Definición
Cogomelo comestible, con sombreiro cuberto de escamas pardas,interior laminado e pé delgado cun anel móbil.
Exemplo
«¡Andar o «bago relú»,
ós hérbedos i os choupís,
e deitarse ó «ventestate»
ó xeito dos lampantís!”».
Florencio Delgado Gurriarán, poema Córgomo de Valdeorras.

Categoría
Substantivo
Campo semántico
Alimentación
Localización
Córgomo
Informantes
Florencio Delgado Gurriarán, Leandro Carré Alvarellos (1951), Xosé Lois Franco Grande (1972), Elixio Rivas Quintas (1978),
Choupín
Foto: Diego Crespo Trincado
Choupín
Foto: Diego Crespo Trincado
Comentarios Fundación FDG

Esta palabra non parece de uso exclusivo de Valdeorras pero si que ten unha fonda pegada na fala da comarca. Aparece en varios dicionarios coa acepción de fungo ao lado de acepcións como foguete ou tipo de medida.

Xosé Luís Franco Grande recóllea nun epistolario entre Florencio e Laureano Prieto quen viviu parte da súa vida na comarca de Viana do Bolo. Castro e Freire, nunha guía de setas, localizan a palabra no veciño concello de Quiroga, e Benigno Fausto Galdo, recolle a palabra como propia da nosa comarca.

Se revisamos outros autores galegos vemos que foi usada por varios autores con dispar procedencia: Ramón Otero Pedrayo (Ourense), Francisco Barxa Iglesias (Vilardevós), Lois Tobío Campos (Brión) e Camilo Cao Martínez (Celanova).

Para comentar tes que entrar cos teus datos ou rexistrarte na plataforma. Grazas.
Identifícate
Os comentarios pasarán un proceso de moderación
Grazas por colaborar!