Casca ou vaíña seca de determinadas leguminosas.
Esta palabra aparece recollida co significado de papo por Eligio Rivas Quintas. Noutros autores, Eladio Rodríguez González, Xosé Luís Franco Grande ou Constantino García González, aparece como variante de baxa. Eles si que a definen como casca, vaíña tenra dos legumes igual que recolle o dicionario da Real Academia.
Na escoita, atopamos tres cuestións importantes: refírese a unha tipoloxía de feixón concreta, a un estado determinado: seca e a un uso concreto: caldo de baxolas
En Valdeorras tamén atopamos o termo baxola empregado como alcume.
Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.
Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Redes sociais
instagram.com/fundacionfdg
facebook.com/FundacionFlorencioDG
x.com/asletrasdeFDG
Aviso Legal
Email
fundación@florenciodelgadogurriaran.gal
Dirección
Rúa San Roque 8
O Barco de Valdeorras
Google maps
CO APOIO DE

Mensaje