Descartado

Alamia / allanta

Aro de ferro que bordeaba a roda do carro.

Categoría
Substantivos
Usuario/as que colaboraron
Modesto Rodríguez Centrón
Argumentario

Son dúas palabras distintas para se referir ao mesmo obxecto:

 Alamia é un vulgarismo, unha palabra que se usa de forma incorrecta. Neste caso engádeselle a vogal -a- a palabra lamia, que si aparece nos dicionarios galegos como  Lámina de ferro que rodea a roda do carro para protexela. Nalgúns lugares este tipo de pronuncias derivan na creación dunha palabra propia polo que estudaremos se o seu uso pode garantirse en máis falantes e/ou noutros lugares.

Allanta, estamos diante doutro vulgarismo que se constrúe da mesma forma que a achega anterior. A palabra que parece estar detrás é llanta, propia do castelán que si que aparece recollida nos dicionario de lingua castelá con ese mesmo significado que nos ofrece o noso informante. 

Comentarios
Este termo inda non ten comentarios.
Termos

Proxecto participativo

Este dicionario é un proxecto cultural construido coa veciñanza e supervisado pola comisión de lingua da Fundación Florencio Delgado Gurriarán.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega rexistrándote ou entrando na túa conta.

Coñeces algunha palabra da fala valdeorresa? Fai a túa achega.

Florencio Delgado Gurriarán

CO APOIO DE

Logo da Xunta de Galicia
Erro
Éxito

Mensaje